IniciosociedadePP e PSOE critican a acumulación de lixo "lamentable" en Ribadeo

PP e PSOE critican a acumulación de lixo “lamentable” en Ribadeo

A oposición ribadense asegura que o goberno local está "a xogar coa saúde dos cidadáns" e insta ao executivo a atopar "unha solución xa"

Publicada o

- Advertisement -

Os grupos municipais de PP e PSOE criticaron este martes a acumulación de lixo en Ribadeo, tanto na vila como nas parroquias.

A oposición ribadense reclama ao goberno local “unha solución xa” para este problema, que comezou a principios do mes de setembro polos problemas económicos da empresa adxudicataria do servizo, Soil Recovery, en situación concursal.

O voceiro do PP ribadense, Jesús López Penabad, indica que os contedores amarelos -do plástico– e azuis -do papel e cartón– “seguen sen recollerse con normalidade, e o lixo acumúlase ao seu redor”.

PREXUDICIAL PARA “O TURISMO”

López Penabad asegura que “calquera veciño” pode ver a “imaxe lamentable” que ofrece Ribadeo, “un pobo turístico” que “nunca estivo tan mal a nivel de limpeza como agora”.

O voceiro do partido conservador afirma que no barrio da Rochela non se recolleu o acumulado nos contedores verdes, os de residuos orgánicos, “desde o xoves antes do Pilar ata o luns seguinte, con algún negocio que xenera lixo constantemente”.

MALOS CHEIROS

Pola súa banda, os socialistas de Ribadeo lembran que “os veciños están fartos de aguantar malos cheiros” e resaltan que se está a “xogar coa saúde dos cidadáns”.

O secretario xeral do PSOE ribadense, César Fernández Murias, argumenta que “o goberno local era coñecedor da situación da empresa adxudicataria hai tres meses e non fixo nada”, polo que califica a súa actitude de “total abandono”.

RECOLLIDAS SELECTIVAS

O goberno de Ribadeo contratou provisionalmente a unha empresa que realizou desde o 12 de setembro recollidas selectivas do lixo acumulado nos contedores amarelos. O pasado venres, o Concello informou da segunda colecta nos 80 recipientes de cartón que hai distribuídos pola vila e as parroquias.

Sen embargo, o edil de limpeza viaria e xestión de residuos, Jorge Díaz Freije, lembrou que o goberno local deberá, nos prazos marcados pola lei, sacar de novo o servizo a concurso, “polo que imos estar así durante un tempo”, espuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...